O obradoiro de hostalería do Salnés organiza unha xornada micolóxica con variedade de elaboracións

SANXENXO> O obradoiro de hostalería do Salnés celebrou hoxe unhas xornadas micolóxicas. O evento permitiu aos alumnos e asistentes coñecer que setas se poden comer e as maneiras diferentes de elaboralas. A asistencia ao evento foi máxima.

O obradoiro de hostalería comezou fai pouco unha nova edición pero o alumnado xa traballa ao máximo nivel. Para aumentar a súa especialización e os seus coñecementos, o obradoiro organizou hoxe unhas xornadas micolóxicas.

A xornada serviu para que os alumnos coñeceran diversas variedades de elaborar as setas, como boletus con garavanzos ou chourizos de níscalos entre outras.

O relator da xornada foi Miguel Ángel Delgado, un experto micólogo que ensinou aos asistentes que setas son comestibles e cales non.

A xornada completou a súa capacidade máxima de ocupación coa visita de 50 asistentes.

O obradoiro de hostalería continuará coas súas tarefas de formacións. A vindeira semana desprazaranse a Ribadumia para organizar un showcooking coa gastronomía tradicional do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí