O BNG da Pobra reclama melloras na seguridade viaria na rúa Rafael Dieste

    POBRA> Para os nacionalistas existen numerosos puntos de perigo ó longo desta rúa nos que cómpre actuar. Unha das zonas de maior perigo dáse no cruce entre a rúa Lamas e Andrés con Rafael Dieste, onde a visibilidade é escasa, e os vehículos vense obrigados a invadir carrís de circulación para poder acceder á estrada. Outra das zonas de perigo sitúase na rúa Lápido, ó seu paso a carón do parque Rafael Baixelas, que carece de beirarrúas polo que os peóns que habitualmente transitan por ela vense obrigados a ocupar a zona habilitada para os vehículos. Outro dos problemas de seguridade prodúcese na saída á Rúa Gasset, onde os vehículos teñen que facer o stop en riba dun paso de peóns.