As compras en Zona Aberta poden ser unha ‘aventura’ coa campaña do día do pai

VILAGARCIA> A asociación de comerciantes de Vilagarcía sorteará un fin de semanas de aventura para toda a familia na campaña do día do pai. Dende este luns e ata o sábado 18, os que realicen as súas compras nos comercios asociados a Zona Aberta entrarán no sorteo deste premio. Para a asociación a campaña é unha boa oportunidade para fomentar as compras en tempada baixa.

As compras nos comercios asociados a Zona Aberta de Vilagarcía durante as próximas semanas poden ser unha aventura. A asociación de comerciantes presenta a súa nova campaña polo día do Pai. Unha promoción na que se sorteará unha viaxe para a toda a familia.

O gañador recibirá unha viaxe para toda a familia a un parque de aventuras de Portugal. Poderán escoller a fin de semana que desexen.

A campaña permite incentivar as compras no comercio nunha época de tempada baixa.

Dende a asociación teñen boas expectativas con esta campaña xa que o día do Pai cadra en domingo, o que permite que aumenten as celebracións.

Dende Zona Aberta sinalan que os agasallos máis demandados nesta época son o téxtil e as colonias, especialmente a roupa de deporte. Aproveitando a presentación, a asociación tamén quixo mandar unha mensaxe ao pobo Ucraíno e especialmente aos nenos e nenas refuxiados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí