Varios roubos poñen en alerta ós veciños do Grove

    O GROVE> O Gran Hotel da Toxa, un dos máis exclusivos da contorna foi víctima estes días por un roubo desde dentro.

    {flowplayer}images/salnes/botons_hotel_toxa_roubos.flv{/flowplayer}

    Ó parecer un veciño de O Grove, DMC, de 30 anos, ven de ser detido por ter roubado presuntamente alomenos en dúas ocasións ós propios hóspedes do hotel: a un deles subtraeulle 12.000 euros da caixa forte da habitación e a outro uns 1.300 euros co mesmo método. As forzas da orde xa deteron ó sospeitoso grazas ós rastrexos feitos do sistema de seguridade e das tarxetas de apertura electrónica. Desde o propio staff do Hotel declinaron facer declaracións á espera da posibilidade que se poida pronunciar o propio director do mesmo. A

     pouca distancia, xa na Península do Grove, os amigos do alleo tamén fixeron das súas nos últimos días. Un dos establecementos asaltados foi a taberna Casa Lola, nas inmediacións da Avenida de Portugal preto da Igrexa Parroquial meca. O seu propietario alertou de que entraron o pasado xoves tras teren realizado unha tentativa frustrada. Neste caso os cacos levaron unhas poucas moedas pero ocasionaron danos na porta de entrada por moito máis valor. Esta non é a primeira vez que rouban neste histórico establecemento, aínda que si é a primeira desde que reformaron o seu acceso.

    Este feito non é illado na zona senón que unha florería da contorna e varios coches tamén recibiron a visita dos ladróns; uns feitos que meten medo ós veciños que se preparan como poden para evitar as súas falcatruadas.

    Estes grovenses denuncian que a crise está a empurrar a algúns drogodependentes a acometer estes pequenos roubos nos que custa máis reparar os danos que repoñer o botín que levan. Acusan á Garda Civil e a Policía Local de inactividade cun punto de venda de drogas lindeiro por todos coñecido, e que serve de foco de atracción para xente do mal vivir.

    Redacción Salnés