RIBEIRA> O executivo ribeirense informou da adxudicación das obras de instalación da rede de saneamento e dun pozo de bombeo no lugar de Frións, na parroquia de Carreira. A empresa que executará estas obras será finalmente Construcciones Oñial, S.L., por un importe de máis de 135 mil euros. O proxecto, que dará servizo a unhas 25 vivendas aproximadamente, ten coma principal finalidade garantir unha axeitada condución das augas residuais que se verten neste núcleo e a súa conexión coa rede de colectores primarios. O prazo de execución das obras será de tres meses.
Inicio Barbanza - Muros - Noia