A Conselleira de Educación conmemora o Día dos Dereitos Humanos en Lousame

LOUSAME> A Conselleira de Educación celebrou o Día Internacional dos Dereitos Humanos coa comunidade educativa do CEIP Cernadas de Castro, en Lousame.

Un a un, os alumnos de secundaria do CEIP Cernadas de Castro foron completando este mural con cadansúa postal sobre os dereitos humanos. Contaron coa axuda da Conselleira de Educación que quixo conmemorar esta efeméride no centro de Lousame onde fixo fincapé na importancia de educar en dereitos á infancia de cara a converterse en cidadáns de futuro.

Carmen Pomar aproveitou a súa visita a Lousame para coñecer o resultado dos traballos financiados pola Consellería no colexio. Entre eles, a ampliación da biblioteca, o acondicionamento da sala de usos múltiples ou a colaboración na substitución da cuberta do pavillón.

Estas melloras véñense sumar á dotación dunha cuberta exterior acometida en anteriores exercicios, superando os trescentos cincuenta mil euros de investimento nos últimos anos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí