A oposición rianxeira reclama un pleno para abordar os orzamentos

RIANXO> O goberno municipal, tal e como establece a normativa, disporá dun prazo de quince días para convocalo.

A solicitude do pleno está asinada pola totalidade de edís dos grupos que conforman a oposición en Rianxo: Partido Popular, Rianxo en Común e Ciudadanos. As tres formacións critican a actitude do goberno municipal, formado por nacionalistas e socialistas, por incumprir o seu compromiso de presentar un proxecto orzamentario ó longo do pasado mes de xuño, optando por prorrogar o do exercicio anterior. E piden explicacións.

Dende Rianxo en Común entenden que os orzamentos dun concello deben ser o documento base do proxecto e da acción de goberno, imprescindible, máxime nun contexto coma o actual coa crise derivada da covid.

Tamén inciden na necesidade de sacar adiante uns presupostos que  se axusten á realidade que estamos a vivir, coa posta en marcha dun programa de axudas directas a PEMES e autónomos e tamén ás familias máis afectadas durante a crise sanitaria.

Tamén piden que se inclúa un maior investimento nas parroquias, para levar a cabo o acondicionamento  dos camiños e pistas de titularidade municipal que se atopan en mal estado ou a mellora do servizo de recollida do lixo, a través da súa regularización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí