Ribeira destina 42 mil euros a axudas para a escolarización

RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de convocar as axudas á escolarización para o presente curso. Con estas subvencións, as familias poderán sufragar parte dos gastos derivados da compra de libros e material escolar así como do comedor.

Ata o 15 de setembro, as familias de Ribeira poderán solicitar as axudas á escolarización que convoca o concello para facer fronte ós gastos derivados da adquisición de libros, material ou asistencia ó comedor. As bases, que xa foron publicadas no BOP o pasado día 25, recollen os novos criterios para a concesión das axudas baseadas non exclusivamente en circunstancias económicas senón tamén sociolaborais.

A partida orzamentaria destinada a estas subvencións ascende a 42 mil euros. Dende o concello non descartan ter que abrir unha segunda liña de crédito en función da demanda tal e como acontecera o curso pasado. A concelleira de Servizos Sociais entenden que os novos criterios establecen un baremo máis xusto que garante que as axudas cheguen a quen realmente as necesita.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí