Retoman as reunións para impulsar a central de vendas de polbo

    MUROS> A central de vendas do polbo segue sen despegar. Malia que hai uns meses comezaban os primeiros pedidos, o desacordo da confraría de Corcubión e o desinterese dalgúns compradores manteñen o proxecto paralizado. Sen embargo, os pósitos que integran a central seguen a traballar para poñer en marcha este punto de venda global. As confrarías de Porto do Son, Muros, Lira, O Pindo, Fisterra e Corcubión iniciaban hai meses un ambicioso proxecto común para centralizar as vendas das capturas de polbo na lonxa muradán. A venda conxunta garantiría ós compradores o abastecemento do mercado para satisfacer tódolos pedidos e tamén suporía unha vantaxe para os propios produtores, xa que garantiría uns mínimos de cotización. A pesar do bo comezo, na actualidade o proxecto permanece paralizado despois de que Corcubión decidira desmarcarse. Na actualidade, os polbeiros do Son acoden a vender a Ribeira e os de Lira a Muros. Sen embargo, os impulsores desta iniciativa xa retomaron as reunións para reactivar a central. Tralas xuntanzas con varios compradores prevén que a partir da próxima semana comecen a realizarse novos pedidos que permitan o normal desenvolvemento deste proxecto de futuro que suporía importantes beneficios para o sector. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/13/centralvendaspolbo1301151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/13/centralvendaspolbo130115.mp4{/flowplayer}