Os nenos demostran a importancia de visibilizar o deporte adaptado

PONTEVEDRA> O deporte tamén foi o protagonista na alameda. A Asociación Amizade celebrou está mañá a IV Xornada Multideportiva. Un evento co que se pretende achegar aos máis pequenos novas formas para desfrutar do deporte adaptado.

Que os máis pequenos desfruten, se conciencien, e coñezan as diversas posibilidades que teñen as persoas con discapacidade para facer deporte. Eses eran os obxectivo da IV Xornada Multideportiva celebrada esta mañá pola Asociación Amizade. Unha cita moi necesaria na nosa sociedade.

Baloncesto, tenis de mesa, voleibol ou tiro con arco. Eses son algúns dos deportes que puideron practicar hoxe todos os rapaces que se achegaron a alameda.E aínda que o principio non foi doado, parece que algún colleulle o xeito a cadeira de rodas.

Un paso mais para seguir concienciando a cidadanía e seguir avanzando na percepción social da discapacidade.

Comments are closed.