Manuel Diz explica o desencontro coa directiva do Arousa

arousa7_250_271108.jpgVILAGARCIA > Manuel Diz, director da Arousa Futbol 7, quixo dar esta tarde a súa versión do desencontro que sufre o Comité de organización do torneo coa directiva do Arousa. Según Diz, non están na obriga de invitar ó club presidido por José Manuel Gómez á AF7, porque o Arousa non ten ningunha relación legal co torneo.

{flowplayer}images/salnes/arousaFutbol7_271108.flv{/flowplayer}

VILAGARCIA > Manuel Diz, director da Arousa Futbol 7, quixo dar esta tarde a súa versión do desencontro que sufre o Comité de organización do torneo coa directiva do Arousa. Según Diz, non están na obriga de invitar ó club presidido por José Manuel Gómez á AF7, porque o Arousa non ten ningunha relación legal co torneo.

A decisión do Comité de Organización da Arousa Futbol 7 de reducir a participación no torneo de 24 a 16 equipos e polo tanto facer pasar pola previa ó Arousa, destapou nos últimos días vellas rencillas existentes entre ambas partes. José Manuel Gómez, presidente da Xunta Xestora que dirixe ó Arousa di que non renunciaron a xogar o torneo, e que o comité que organiza a AF7 depende do Arousa.

Diz pola súa banda quixo facer saber hoxe que Arousa e Comité perderon toda relación legal cando este último se fixo Asociación Deportiva no 2004, situación á que se viron obrigados a acceder para pagar unha factura duns 1.400 euros da que non se quería facer cargo o equipo. Aquí segundo Manuel Diz, se o Arousa continuo xogando ata o 2008 o toprneo foi por deferencia, por invitación, pero que non estaban na obriga de facelo porque legalmente estaban desvinculado, e si o fixeron foi por arousismo.

O último desencontro poducíuse o martes cando nunha reunión na que a Xunta Xestora convocou a Manuel Diz, este último asegurou ter sido insultado e empurrado por un directivo; polo que abandonou esa xuntaza. O desencontro é total a 7 meses vista para que dé comezo a competición. Moito van ter que cambiar as cousas para que o Arousa participe este ano nun torneo no que sempre exerceu de anfitrión. Pola borda poden botarse as ilusións de moitos nenos.

Redacción Salnés