Fran Castaño e Melchor, novas incorporacións do Portonovo

SANXENXO> Toca mirar cara o Portonovo porque esta mañá presentou a outras dúas novas fichaxes. Volven a Baltar dous xogadores que xa pasaron polo equipo en tempoaradas pasadas. Ambos procedentes do Vilalonga: Melchor e Fran Castaño.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_130711.flv{/flowplayer} 

Pouco a pouco vai collendo forma o Portonovo da 2011/2012. As últimas dúas contratacións proceden ambas do Vilalonga, onde militaron na temporada pasada. Melchor é un extremo esquerdo criado en Baltar pero que nos últimos dous anos estivo ás ordes de Gabi Leis, co que tivo poucas oportunidades. Fran Castaño pasou por San Pedro tan só os últimos tres meses de competición, logo de abandonar Portonovo a metade de temporada. Un mediocentro de 24 anos de idade e con moito futbol nas súas pernas.

Así as cousas o Portonovo dispón agora mesmo con nove futbolistas, sen contar os xuvenís que pasarán a formar parte do primeiro plantel. Son os presentados hoxe Melchor e Fran Castaño, os renovados Andro e Óscar Guimeráns, Marcos e Ero, procendentes do Céltiga, Moi (Nigrán) e Cristian, ex do Choco. O último en incorporarse foi Dani Abal, que asiinou onte á noite tras rexeitar a renovación co Sanxenxo. 

Para ese martes 19, día no que comezarán os adestramentos, o plantel de Luis Casais non estará nin moito menos pechado. Dende a dirección directiva pretenden facer novas incorporacións, iso sí, sen apresurarse.

Redacción Salnés