O asfaltado do vial interior dá continuidade ás melloras en Espiñeira

    BOIRO> A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Docampo, visitou o polígono de Espiñeira en Boiro onde a Consellería de Economía e Industria vén de investir preto de cen mil euros. O alcalde foi o encargado de amosarlle o resultado dos traballos consistentes na mellora da pavimentación das vías interiores. O mal estado de conservación da vía interior que dá servizo ó polígono de Espiñeira fixo que o concello se acollera á liña de subvencións da Consellería de Economía e Industria para acometer unha actuación de mellora que permitira dotar de maior seguridade os desprazamentos polo parque empresarial. A través dunha inversión de noventa e cinco mil euros, que supuxeron o oitenta por cento do custo total, procedeuse a aplicar unha nova capa de rodadura e reposición de servizos. Con esta obra, o concello dá continuidade ás melloras acometidas no polígono ó longo desta lexislatura coas que se solventaron as deficiencias no alumeado e na presión da auga. O executivo traballa tamén en mellorar o acceso a internet xa que o parque empresarial conta aínda con algúns puntos negros na cobertura. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/19/visitadelegadaxuntaespineira1901151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/19/visitadelegadaxuntaespineira190115.mp4{/flowplayer}