POBRA> A casa da Cadea da Pobra pasará a integrar o patrimonio municipal da Pobra. O concello destinará cento cincuenta mil euros á compra deste histórico inmoble que se atopa en avanzado estado de ruína.
A corporación prense aprobou unha partida de cento cincuenta mil euros, con cargo ó remanente do pasado ano, para mercar a Casa da Cadea. Trátase dun inmoble datado no século XVIII que funcionou como cárcere ata finais do XIX. O mal estado de conservación do edificio, incluído na Lista vermella do Patrimonio Español, polo seu avanzado deterioro, levou ó goberno pobrense a levar a pleno a súa compra para poder poñelo en valor.
Aínda non están definidos os usos posto que dependerán do nivel de actuación que permita a Dirección Xeral de Patrimonio e o estado da estrutura do edificio.
O concello xa está a negociar coa Deputación da Coruña o cambio de titularidade desta rúa que actualmente é provincial. Tamén obtivo o compromiso da Deputación de colaborar na futura rehabilitación do edificio.