Merecida homenaxe a trinta anos de traballo

    POBRA> Rosa Fernández Parada preside xa, xunto a unha renovada xunta directiva, a Asociación Española Contra o Cancro da Pobra do Caramiñal. Fernández Parada substitúe no cargo a Carmen Santiago, quen levaba máis de trinta anos á fronte da entidade. Hai uns días, a esta última, na casa consistorial, tributóuselle unha máis que merecida homenaxe. Acompañada de varias das que durante estes anos foron as súas compañeiras na xunta directiva da Asociación Española Contra o Cancro da Pobra do Caramiñal, Carmen Santiago recibiu no salón de plenos do concello, unha emotiva homenaxe. A través del, o executivo local, co seu alcalde á cabeza, Isaac Maceiras, quíxolle recoñecer o seu innegable traballo ó longo de máis de trinta anos nos que estivo á fronte da entidade. No acto tamén tomou parte a presidenta da Asociación Provincial de Loita contra o Cancro, Elena Viturro, que non quixo faltar tampouco no recoñecemento público que se lle tributaba a Carmen Santiago. O acto serviu ademais para escenificar o relevo á fronte da entidade. A presidencia pasa agora a mans de Rosa Fernández Parada. Ela, xunto a unha renovada directiva, traballarán arreo a favor desta asociación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/19/homenaxecarmensantiago1901151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/19/homenaxecarmensantiago190115.mp4{/flowplayer}