O BNG da Pobra urxe un plan integral para mellorar a seguridade viaria

    POBRA> O BNG da Pobra levará ó próximo pleno unha moción solicitando medidas para incrementar a seguridade viaria no municipio. Esixen a dotación de beirarrúas ó longo da estrada AC-305 ó seu paso polo concello así como a mellora do funcionamento dos semáforos no cruce da alameda onde esta semana se rexistrou un atropelo. Un dos puntos máis conflitivos, din os nacionalistas, son os semáforos que regulan a circulación no curce ó carón dos xardíns Valle-Inclán e a praza Alcalde Segundo Durán. Denuncian que os peóns non poden cruzar con seguridade posto que os semáforos permanecen en ámbar permitindo a circulación rodada. Na moción demandan tamén a mellora da accesibilidade peonil ó longo da estrada AC-305 ó seu paso polo termo municipal xa que carece de beirarrúas en varios puntos de moito tránsito como a Ribeiriña ou mesmo en zonas rurais.En canto ós aparcamentos, os nacionalistas botan en falla unha praza para minusválidos na praza da constitución, nas inmediacións do concello . Ademais de presentar unha moción, o BNG incluirá unha serie de propostas para a mellora integral da seguridade viaria no seu programa electoral.Esta proposta incluirá tamén a eliminación de barreiras arquitectónicas ó longo de todo o concello. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/19/bngpobraseguridadeviaria1901141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/19/bngpobraseguridadeviaria190114.mp4{/flowplayer}