Ana Pontón insiste no valor dobre do voto ó BNG este 23X

RIBEIRA> O BNG elixiu Ribeira para a celebración tamén dun acto electoral de cara ás Eleccións Xerais a última hora da tarde de onte. Nel tomaron parte a portavoz nacional, Ana Pontón, xunto cos candidatos pola Coruña Néstor Rego e Rosana Pérez.

O BNG insistiu en Ribeira na importancia das vindeiras eleccións do 23 de xullo. A portavoz nacional, Ana Pontón, sinalou que Galicia xógase moito nelas, para seguir sendo importante en Madrid. De aí que insistira no valor dobre do voto ó BNG.

Pontón facía estas declaración durante un acto político no que tamén particiaron o alcalde, Luís Pérez barral, e os candidatos pola Coruña Rosana Pérez e Néstor Rego.  Este último aludiu a que a súa formación volverá a ser esixente no Congreso para colocar os temas que realmente preocupan os galegos como xa fixeron coa rebaixa das peaxes da AP9 e a consecución de máis de dous mil millóns de euros en investimentos.