Nace un novo taller de artesanía na Pobra ó abeiro do programa Rural Emprende

POBRA> O delegado da Xunta na Coruña visitou o taller de artesanía Loaira Pérez, na Pobra. Trátase dun innovador proxecto que comeza a andar grazas a unha subvención do IGAPE, enmarcado no programa Galicia Rural Emprende.

Este novo obradoiro artesá e un dos catro proxectos empresarias do Barbanza que se benefician da liña de axudas Galicia Rural Emprende que promove o IGAPE co obxectivo de fixar poboación no rural.

Grazas a unha axuda de setenta mil euros, Loaira Pérez está a comezar a súa andadura como empresaria a través dun novidoso e orixinal proxecto único na comarca, denominado Raposiñas.

A intención desta nova emprendedora é sacar as primeiras pezas ó mercado no mes de abril. Dende a Xunta fan un chamamento ós interesados en concorrer a esta liña de axudas xa que aínda están a tempo de facelo. A convocatoria estará aberto ata o catro de marzo.