BOIRO> Todo listo en Cabo de Cruz para acoller unha nova edición da Bandeira de Traíñas Concello de Boiro. Esta proba enmárcase na Eusko Label Liga que celebra en augas crucenses a decimo sétima regata do seu calendario. Ás doce da mañá tomarán a saída as tripulacións das traíñas que disputan a Liga Eusko Label para facerse coa vixésimo oitava bandeira Concello de Boiro. A tripulación crucense aspira a afacerse co trunfo en casa e manter a cómoda posición que ostentan na clasificación xeral, actualmente en sexto lugar. Dende o concello confían tamén nas moitas posibilidades do club local, que pode presumir de grandes éxitos nesta tempada grazas ó esforzo e dedicación dos seus deportistas. O concello patrocina a regata na súa aposta polo deporte base que se materializa nos preto de sesenta mil euros que leva recibido o club ó longo do ano en subvencións e axudas. Tanto o club como o concello animan ós boirenses a desprazarse ata o porto crucense e animar ó equipo local, nunha proba caracterizada polo gran ambiente. Trala entrega de premios, haberá unha festa e degustación de paella para tódolos asistentes.
Inicio BARBANZA