Medrou a superficie arborada en Galicia en 400.000 hectáreas

SANTIAGO> A superficie arborada en Galicia medrou en Galicia en 400.000 hectáreas nos últimos vinte anos. Este titular da Consellería do Medio Rural e do Mar despréndese das súas declaración feitas hoxe na Conferencia Ministerial sobre protección dos Montes de Europa.

Galicia ten cada vez máis hectáreas de monte arborado, tal e como é tendencia en Europa. Así o aseguraba esta mañá a titular de Medio Rural da Xunta de Galicia, no transcurso da súa comparecencia na reunión de expertos Forest Europe. Esta tamén coñecida como Conferencia Ministerial sobre protección dos montes de Europa prolongarase ata o xoves. É unha iniciativa de alto nivel político que promove a protección dos bosques e a xestión forestal sustentable en toda Europa, co fin de potenciar as función económicas, ambientais e sociais que proporcionan dos nosos montes. Aquí a titular de Medio Rural sinalou que Galicia é unha Comunidade forestal. Un feito que atestemuña o feito de que cada ano máis de 50.000 propietarios e selvicultores produzan na nosa comunidade uns 250 millóns de euros só polas vendas de madeira, cortándose máis de 7 millóns de metros cúbicos anualmente. Isto supón a metade da produción nacional. En Galicia hai pois tres mil empresas adicadas a este sector que son quen de facturar máis de 1.625 millóns de euros,dando emprego directo a unhas vinte mil persoas. Dadas estas cifras Galicia é especialmente sensible as decisións que se adopten en torno a este sector, como as que se plasmarán en outubro na Conferencia Ministerial de Madrid, para o que o encontro de hoxe era a cita preparatoria.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/20/rosa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/20/xornada_forestal_medio_rural.mp4{/flowplayer}