Adeus á pista de terra para acceder ás depuradoras de Tragove

CAMBADOS> O Concello de Cambados actúa en Tragove. Alí, van asfalta-lo camiño que dá acceso a distintas depuradoras de marisco. Trátase dunha vella reivindicación das empresas da zona, fartas de ter que acceder ós seus negocios a través dunha pista de terra.

Por este camiño de terra acceden a diario ducias e ducias de turismos, furgóns e camións que teñen como destino as distintas depuradoras de marisco que hai nesta zona de Tragove. O Concello de Cambados iniciou as obras de asfaltado desta vía.

Este proxecto é unha vella reivindicación das empresas da zona, fartas de ter que acceder ós seus negocios por un camiño, moitas veces, cheo de pozas.

A obra inclúe materias acordes coas condicións adversas da zona, ó tratarse dunha vía que está ó pé do mar.

A actuación supón un investimento de 67.000 euros, con fondos procedentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Con estes traballos, o concello dá por rematadas as melloras da rede de camiños de titularidade municipal da contorna do porto de Tragove.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí