Carmela Silva visita en Meis a capela de Santa María do Mosteiro

    MEIS> A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou esta mañá o concello de Meis, para acompañar ao párroco e o alcalde do municipio na súa visita a capela de Santa María de Mosteiro, que foi restaurada cunha achega do entre provincial. A Deputación de Pontevedra investiu 190.000 euros na restauración da capela de Santa María do Mosteiro. A presidenta do ente provincial, acompañada polo alcalde de Meis e o párroco da vila visitaron esta capela, que antes das obras presentaba graves problemas de humidades e cas que se recuperaron de xeito integral este monumento románico. O párroco, José Antonio Souto, afirmou sentirse desbordado de ledicia, e aproveitou a ocasión para pedirlle a presidenta, Carmela Silva, a posibilidade de colocar unha rexa que permita ter a capela aberta todo o día durante o verán. Silva ademais de comprometer a rexa que solicita o párroco explicou que a Deputación procederá a colocación de sinalización, que permita explicar o significado e a historia da capela.