Portos aposta pola fidelización e captación de navegantes británicos

GALICIA> A Xunta, a través de Portos e Galicia está a traballar na fidelización de clientes no mercado británico para as instalacións náutico recreativas galegas. Con este obxectivo, o ente está participando no salón Southamton Boat Show, ao sur de Inglaterra, dende onde se promociona a oferta da comunidade e ao mesmo tempo se coordina a presenza de entidades náuticas e institucións galegas.

A náutica de recreo constitúe un dos eixos básicos de traballo recollidos no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020, que Portos de Galicia está a executar coa intención de establecer contactos comerciais con entidades estranxeiras. Neste contexto enmarcase a participación da administración autonómica, por segundo ano consecutivo no salón Southamton Boat Show, que se está celebrar estes días en Inglaterra.

Neste evento as autoridades asistentes aproveitarán a súa presenza para afondar na apertura de novos mercados no ámbito da náutica recreativa a través de entrevistas con colectivos que aglutinan a numerosas entidades de navegantes ingleses, de quen o propio presidente de Portos de Galicia, sinala que teñen un perfil moi esixente, polo que demandan moita información .

Durán sinalou que dentro da proposta galega tamén se atopa o interese crecente da comunidade en que se celebren regatas ou competicións náuticas, que contribúan a dar unha máis visibilidade das costas e dos portos galegos.

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, está acompañando estes días aos representantes de clubs náuticos e outras administracións galegas na promoción das súas instalacións, que aglutinan uns 40 portos autonómicos, que a súa vez ofertan unhas 15.000 prazas de amarre, entre os que se atopa o porto deportivo de Boiro, entre outros.