GALICIA> ENCE pechará o ciclo de transformación da madeira en Galicia. En concreto, no concello das Pontes de García Rodríguez. A pasteira presentou hoxe á Xunta o seu proxecto para crear unha planta de biocombustbiles e papel tisú no municipio coruñés, cun investimento de preto de 350 millóns de euros. Segundo explicaron dende o goberno autonómico, esta factoría complementaría a actividade que ENCE desenvolve na planta pontevedresa de Lourizán.
ENCE proxecta a construción da súa segunda factoría en Galicia. O concello escollido sería o das Pontes de García Rodríguez, na Coruña. Alí a pasteira instalaría unha planta de biocombustibles e papel tisú.
O investimento da empresa moveríase entre os 330 e os 350 millóns de euros e suporía a creación, calculan de máis de mil empregos entre directos, indirectos e inducidos. Dende a Xunta explican que a nova planta complementaría a actividade da de Lourizán, en Pontevedra.
Conde recordou tamén o programa de 395 millóns de euros en investimentos que ENCE presentou para a fábrica de Lourizán. Sempre e cando poida manterse na ría de Pontevedra.
En canto ao proxecto para As Pontes, a Xunta trasladou á empresa a súa máxima colaboración, confiando en que conten tamén coa apoio do Goberno Central a través dos fondos europeos.