O PSOE solicitará ó pleno que se mellore a rúa Vista Alegre

    VILAGARCÍA> Comezan así a materializarse algunhas das peticións que lles están a transmitir os colectivos veciñais a Alberto Varela, o candidato á alcaldía que vén de iniciar unha rolda de contactos con entidades e asociacións do municipio. Abandonada e nun estado lamentable. Segundo o candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía, Alberto Varela, esta é a descrición que os veciños da Rúa Vista Alegre lle fixeron desta zona. Unhas queixas que o socialista recolleu nun encontro co colectivo e que veñen de incorporar a unha moción que intentarán que se debata no próximo pleno ordinario. Este é o primeiro dos froitos que cristaliza da rolda de contactos que o alcaldable socialista está a manter con colectivos veciñais do municipio. Comezou pola zona sur do concello e continuará en vindeiras semanas coa fin de escoitar as demandas de todos. Demandas e peticións que Alberto Varela empregará tamén para ir conformando o seu programa electoral de cara os próximos comicios de maio. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/20/ALBERTO_VARELA_VISTA_ALEGRE.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/20/MOCION_PSOE_VISTA_ALEGRE.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí