Os comercios repartirán 3000 euros en vales regalo entre os seus clientes

    merca_Ruacopy.jpgRIBADUMIA> Este é o importe dos 26 cheques que se van sortear en Ribadumia no marco da campaña de promoción ‘Merca na rúa’.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_DINAMIZACION_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}

    Tres mil euros en vales regalo. Este é o importe dos 26 cheques que se van sortear entre os clientes dos comercios de Ribadumia no marco da campaña ‘Merca na rúa’. Trátase dunha iniciativa promovida pola Deputación de Pontevedra que pretende dinamizalo comercio local e, ó mesmo tempo, premialos seus usuarios. 

    Esta campaña arrancou hoxe no concello de Ribadumia. A iniciativa, na que a Deputación de Pontevedra inverteu sesenta mil euros, consiste no sorteo de 26 vales regalo, 24 por importe de cen euros e dous de trescentos. O obxectivo: dinamizalo comercio local e premialos seus clientes.

    Para participar só é necesario facer compras de a partir de dez euros nos comercios da vila. Logo, terán que depositar nesta carpa, situada ó carón do concello, as papeletas que lles entregarán nos diferentes establecementos.

    O sorteo, que será presencial, celebrarase o vindeiro día 22 ás seis e media da tarde.

    Redacción Salnés