Cinco obras optan ó monumento dedicado ó percebe de Aguiño

    RIBEIRA> Rematado o prazo de presentación de propostas, un total de cinco obras optan a facerse co primeiro premio do concurso para a construción dun monumento dedicado ó percebe de Aguiño. A iniciativa promovida polo propio Concello co fin de homenaxear a todo o colectivo dedicados a este produto, ten como finalidade ademais servir para promociomar e poñer en valor esta emblemática festa gastronómica, consolidada xa como unha das máis relevantes de Galicia. Está previsto que a vindeira semana se dea a coñecer a obra gañadora, cuxo concurso estivo aberto á participación dos artistas de Arousa Norte. A obra gañadora emprazarase nun lugar destacado da zona portuaria de Aguiño, na idea de que se concerta nun elemento activo da vida cidadá e elemento simbólico . O proxecto seleccionado como gañador obterá como premio a contratación da obra, asumindo o Concello un importe de ata un máximo de 18.150 euros para o desenvolvemento do traballo, dende a formulación da idea ata a súa materialización.