ACERGA valora o acordo sobre as cotas do xurelo pero o ve insuficiente

    PORTO DO SON> ACERGA valora positivamente o acordo sobre os topes de xurelo ratificado onte aínda que advirte que tan só se trata dun primeiro paso. Seguirán a manter xuntanzas coa Consellería para conseguir outras das súas reivindicacións como a unificación das zonas Oitava C e Novena A ou a apertura inmediata do bocarte. Se ben non era o pretendido por ACERGA xa que reclamaba o reparto de toda a cota de maneira igualitaria, o acordo sobre os topes de xurelo supón un primeiro paso positivo para a asociación de armadores do cerco. Os dous mil quilos semanais, sumados á asignación por tripulante, garanten a supervivencia dalgunhas embarcacións que, coas anteriores cotas, estaban abocadas a desaparecer. Sen embargo, son moitas as demandas que aínda plantexa ACERGA como a unificación das zonas oitava c e novena a ou a apertura da pesqueiría do bocarte. Agardan ademais que nun futuro se proceda á reasignación de cotas de maneira equitativa, sen basearse en criterios históricos, e que o arrastre poida sumarse ó acordo, unha vez solucionados os problemas coa flota de bandeira portuguesa que traballa segundo os topes e a normativa do país veciños.