O concello de Ribeira tomará posesión do aparcadoiro do Centenario o 1 de xaneiro

RIBEIRA> O executivo ribeirense dá un paso máis para a toma de posesión do parquing do Centenario coa resolución do contrato coa empresa adxudicataria, en concurso de acredores. Un trámite que se levará a cabo o vindeiro 1 de xaneiro.

Dende hai tempo o Concello mantiña diversas accións xudiciais de cara á resolución do contrato subscrito no seu día coa empresa que xestiona o aparcamento soterrado situado na Praza do Centenario, e que acabou en concurso de acredores. Tras anos de litixio, o executivo xa comunicou ós acredores concursais a decisión de proceder á ocupación do parquing a partir do vindeiro 1 de xaneiro.

Neste tempo o Concello deberá facer fronte tamén ó pago da liquidación económica da rescisión do contrato.

E a partir de aí, unha vez que o Concello asuma o control total do estacionamento, deberá decidir tamén cal será  o seu futuro modelo de xestión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí