Un pleno sobre os incendios enfronta a goberno e oposición en Porto do Son

    PORTO DO SON> Pleno polémico o vividoen Porto do Son. A corporación celebraba un pleno extraordinario urxente solicitado pola oposición para abordar a vaga de lumes que afectou á localidade hai varias semanas. Pero non chegou a celebrarse finalmente, xa que o equipo de goberno, o Partido Popular, votou en contra da urxencia do mesmo. A convocatoria da sesión fora solicitada de xeito conxunto polos tres grupos na oposición: BNG, PSOE e Portodos. Os motivos, tratar de analizar a vaga de lumes que afectou á localidade hai varias semanas coa creación dunha comisión para investigar as posibles causas do lume que afectaron a máis de 800 hectáreas de monte. Pero os motivos da urxencia e da convocatoria desta sesión plenaria extraordinaria non convenceron ó grupo de goberno, o Partido Popular, que decidiu votar en contra. Como se supoñía a urxencia decaeu cos votos en contra do PP, e a sesión non chegaría a celebrarse. Ante a atónita mirada da oposición, un a un os membros do equipo de goberno abandonaron o salón de plenos. A cousa non quedaría aí. E os tres grupos da oposición celebraron a continuación, de xeito conxunto, unha rolda de prensa. Todos eles coincidiron ó sinalar a actitude pouco democrática do alcalde e do seu equipo de goberno ó negarse a querer celebrar este pleno extraordinario. Para os tres grupos da oposición tratábase dun pleno en positivo, tratando de acadar propostas en común, entre tódalas forzas con representación na corporación municipal para que a situación vivida hai varias semanas non volvera a producirse. A oposición anunciou que levará ó próximo pleno ordinario unha moción na que se recollerá unha batería de preguntas sobre as posibles causas e consecuencias destes lumes, así como accións en común cas diferentes comunidades afectadadas de cada parroquia e se promovan axudas para a reforestación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/26/pleno_extraordinario_incendios_portodoson1_2608161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/26/pleno_extraordinario_incendios_portodoson1_260816.mp4{/flowplayer}