Emotivo reencontro de antigos alumnos e profesores do colexio Bayón

RIBEIRA> Despois de máis de 40 anos, un grupo de antigos alumnos e profesores do colexio Bayón de Ribeira volvéronse a reunir esta pasada fin de semana para recordar xuntos as experiencias vividas durante a súa etapa escolar. Foi nun emotivo acto na sede da Asociación de Empresarios, para posteriormente celebrar unha cea conxunta no restaurante do Club Náutico.

Emotivo, sentido e cheo de nostalxia. Así foi o reencontro dun grupo formado por 39 alumnos e profesores que cursaron os seus estudos no colexio García Bayón de Ribeira entre os anos 1959-1962. Nun ambiente festivo, no que non faltaron os sorrisos e as apertas, nin tampouco algunha que outra bágoa…algunha delas o recordar, coa axuda dunha montaxe fotográfica, as imaxes daquela época, que foron aportadas polos propios participantes.

Foi un acto que pretendía ser tamén unha homenaxe especial ós fundadores do colexio, Carlos García Bayón e súa dona, Lola

Pero tamén para todos aqueles alumnos e profesores xa falecidos, ós que os seus compañeiros le quixeron render unha homenaxe…

Aínda que boa parte dos participantes son de Ribeira, había tamén moitos compañeiros que residen fóra, que levaban máis de corenta anos sin verse, polo que había moito que contar..E vaia se o fixeron… principalmente na cea que celebraron posteriormente no restaurante do Club Náutico na que se procedeu tamén ó sorteo de varios regalos entre tódolos participantes.

O deste sábado foi o primeiro reecontro de moitos máis que de seguro quedan por vir…as ganas, a todos eles non lles faltan…