500 deportistas daranse cita na carreira popular Noia Medieval

NOIA> Cincocentos corredores daranse cita en Noia para participar na Carreira Pedestre Nocturna Medieval que alcanza xa a súa 28 edición. A proba celebra tamén o Memorial Hipólito Rey ‘Polo’, en homenaxe a un dos promotores desta lonxeva cita deportiva.

Deporte e historia confluirán na vixésimo oitava edición da Carreira Pedestre Nocturna Noia Medieval que se celebra esta fin de semana. A proba reunirá na vila a 500 deportistas que percorrerán distintas distancias en función das categorías cun máximo de oito quilómetros na absoluta.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría e premios en metálicos na competición absoluta e por clubs.

Ainda que se trata xa dunha proba plenamente consolidada no calendario deportiva da comarca, dende o concello e o club de atletismo buscan darlle unha nova imaxe con diversos elementos de ambientación medieval.