A carreira pola lingua recala na comarca da Barbanza

    correlinguapobra_100_12052009.jpgPOBRA> Máis de dous mil alumnos dos centros de ensino da Barbanza participaron no Correlingua 2009 reivindicando o uso do galego na sociedade.

    O Correlingua 2009 chegou a Barbanza baixo o lema “En Galego! Pásao!” coreado por máis dous mil cincocentos alumnos de vinte e seis centros de ensino da comarca, dende o alumnos de Educación Infantil ata Educación Secundaria.

    O concello de A Pobra acolleu esta carreira en defensa do idioma galego tomando a testemuña do municipio de Ribeira, que o pasado ano estreou esta iniciativa na bisbarra. Con este acto público lúdico-educativo reivindicase o dereito dos rapaces a coñecer e utilizar o idioma galego.

    {flowplayer}barbanza/correlinguapobra.flv{/flowplayer}

    Acompañados dos seus mestres, os cativos concentraronse na praza Durán Casais onde un grupo deles deu lectura a un manifesto a través do que demandaron a implicación de toda a sociedade, e concretamente das xeracións máis novas, para manter vivo o uso do galego en todos os eidos. Por iso, dende a Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinaminación Lingüística dos centros de ensino insta a goberno autonómico a que siga velando pola normalización e promoción do galego na ensinanza.

    As actuacións do capitán Benito Souto e a súa grumeta Quilla, a do grupo musical Fantoches Baj e as cancións do cantautor Hugo Torreiro puxeron o punto e final a esta peculiar festa da lingua galega.

    Redacción Barbanza