VILAGARCÍA> Vilagarcía concéntrase na rehabilitación da praza de abastos. O concello elevará ata os 550.000 euros os 200 mil previstos inicialmente para a segunda fase do proxecto. Un incremento posible grazas a unha boa nova que chega dende o Ministerio de Facenda: o goberno local aforrará 350 mil euros ao quedar liberado neste 2015 do pago dos intereses do plan de pago a provedores.
As contas do concello respiran máis aliviadas hoxe. O Ministerio de Facenda liberou aos municipios do pago dos intereses do Plan de Pago a Provedores neste 2015 pola baixada dos tipos de interese, unha medida que para as arcas arousás suporá 350 mil euros de aforro.
Pero o goberno local xa ten destino para estes cartos: a segunda fase de rehabilitación da praza de abastos, modificación que levarán a pleno o vindeiro luns. Para estas obras, o executivo xa reservara 200 mil euros que, sumados a esta cantidade, sitúa en 550 mil os cartos que sairán das arcas locais. Ademais, hai que sumar as subvencións solicitadas a Xunta e Estado para completar os 745 mil euros nos que está orzamentado o proxecto.
Fole fixo este anuncio durante a presentación dunha nova liña de axudas a concellos para a rehabilitación e dinamización das prazas de abastos que ven de pór en marcha a Xunta.
Cores Tourís tamén destacou a publicación doutra liña de axudas ás asociacións de comerciantes por un montante de 2,2 millóns de euros.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/23/axuda_prazas_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/23/axuda_prazas_vilagarcia.mp4{/flowplayer}