CAMBADOS> Hoxe conmemorouse este 8M en tódolos concellos das nosas comarcas. En Cambados celebraron o Día da Muller desprengando un tapiz de ganchillo no balcón da casa consistorial. Foi tecido polo alumnado do instituto Ramón Cabanillas, en colaboración cos colexios de Corvillón e Vilariño. Despois da lectura do manifesto, a rapazada tamén tomou a palabra no acto para reivindicar a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, así como a corresponsabilidade nas tarefas do fogar.
Puntada a puntada Cambados teceu hoxe o seu 8M. Na fachada da casa do concello loce dende esta mañá este tapiz feito de ganchillo. Foi elaborado por alumando de varios centros educativos da vila, liderado polo instituto Ramón Cabanillas.
Á causa sumouse tamén a rapazada dos colexios de Corvillón e Vilariño.
E coa excusa do ganchillo, ademais de aprender que non hai tarefas nin de homes nin de mulleres, os máis pequenos tamén toman conciencia da importancia do 8 de marzo.
A rapazada tamén tomou a palabra na praza do concello, reivindicando unha sociedade igualitaria. Foi despois da lectura do manifesto, no que participou representantes de toda a corporación e do CIM.
A xornada do 8M continuou pola tarde en Cambados cun taller literario na biblioteca da man de Cris de Caldas, que fará un percorrido polas distintas parroquias con esta iniciativa ata o mes de abril.