Gonzalo Sarasquete elaborará a escultura en homenaxe ó percebe

    RIBEIRA> Gonzalo Sarasquete será o autor da escultura en homenaxe ó percebe que se instalará no porto de Aguiño. O xurado elixiu o seu deseño, ‘Percebes Xigantes’, de entre as cinco maquetas presentadas. Esta maqueta converterase nunha gran escultura de catro metros que recibirá ós visitantes de Aguiño. O xurado elixiu por unanimidade esta obra entre os cinco traballos presentados pola orixinalidade dos materiais, a complexidade técnica, a semellanza co crustáceo orixinal de Aguiño e a adaptación á contorna no que se vai integrar. Ademais da construción desta escultura, o concello traballa na modernización da festa do percebe a través da súa maridaxe con outros produtos. Tamén está prevista a instauración de varios galardóns e recoñecementos. Precisamente, os premios inspiraranse nunha das maquetas presentadas a concurso, obra de José Andrés Gude Teira, que quedou en segundo lugar.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí