8 asociacións comerciais colaboran con AMICOS nunha campaña polo Día do Autismo

BOIRO> AMICOS conmemorará o Día Mundial do Autismo cunha campaña comercial. Participan na iniciativa oito asociacións empresariais que sortearán un vale de 50 euros entre tódolos clientes. Haberá tamén un premio para o mellor escaparate decorado en tons azuis.

O 2 de abril conmemórase o Día Mundial do Autismo. Para celebralo, AMICOS desenvolverá unha serie de actividades. Ademais dos actos centrais que terán lugar este venres a mediodía no concello de Ribeira, porase en marcha unha campaña comercial que conta coa colaboración de oito asociacións arousás.

Ademais do sorteo dos vales, un por cada asociación, entregaranse premios ós escaparates mellor decorados que, co gallo desta celebración, lucirán en cor azul.

Dende AMICOS fan un chamamento tamén ós centros educativos e ós concellos da comarca para que se impliquen na celebración desta data cunha serie de actividades que fagan visible o autismo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí