O Club Mar de Noia organiza a quinta proba da Liga Nacional de Remo de Mar

NOIA> Baixo a organización do Club Mar de Noia, en colaboración coas Federacións Galega e Española de Remo, o vindeiro sábado 30 de setembro vai celebrarse na praia da Ornanda a quinta proba da Liga Nacional de Remo de Mar.

A proba, a única desta modalidade deportiva que terá lugar en Galicia, reunirá a uns 150 remeiros chegados dende diferentes clubs de todo ámbito nacional.

Ademais desta competición, celebrarase tamén o Trofeo de Promoción Memorial José González Capeáns, para categorías base, un dos grandes colaboradores do Club Mar de Noia recentemente falecido.

Ademais de diferentes entidades e empresas locais, a proba conta coa colaboración dos concellos de Noia e Porto do Son que ven neste tipo de competicións, á par do aspecto deportivo, unha boa fórmula de promoción turística para a zona.

A cita, de alto nivel deportivo, coincide ademais co corenta aniversario do Club Mar de Noia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí