A Illa recorrerá a negativa de Costas do Estado a legalizar os seus cinco núcleos costeiros

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/10/xuntanza_psoe_costas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/10/xuntanza_psoe_costas.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> A Illa de Arousa  recorrerá a negativa do Ministerio de Medio Ambiente a legalizar os seus cinco núcleos costeiros. O municipio isleño denuncia que o tratamento que recibiu a súa solicitude foi totalmente distinto ao que conseguiron outras illas, que quedaron exentas da aplicación da nova Lei de Costas. O alcalde anunciou que recorrerán á vía contencioso-administrativa nun encontro que esta mañá celebraron con outros rexedores e voceiros socialistas para falar da aplicación da norma, que cualifican de “tomadura de pelo”.

A Illa de Arousa pelexará para conseguir a legalización dos seus cinco núcleos tradicionais no marco da modificada Lei de Costas, en vigor dende o 30 de maio de 2013. O concello recibiu hai uns días a respostas negativa da Dirección Xeral de Costas, que non tivo en conta as súas alegacións.

Agora recorrerán á vía contencioso-administrativo. E é que denuncian que o municipio está a recibir un trato discriminatorio, xa que outras illas como Formentera ou Cristina quedaron exentas da aplicación da norma.

En Galicia están afectadas 146 aldeas marítimas, cunhas 12.500 vivendas anteriores á norma do ano 1988. Son algo máis do 40% dos núcleos tradicionais de toda España, a maior parte, 87, na provincia de Pontevedra. Agora quedan nun limbo xurídico ao non superar algúns dos requisitos esixidos polo Estado, como a porcentaxe de edificación.

Os socialistas abordaron a problemática nun encontro entre alcaldes, voceiros, parlamentarios e senadores. Aseguran que a lei só serviu para arranxar a situación de vivendas costeiras de ingleses e alemáns e para regularizar a situación de empresas situadas en zonas de servidume.

Ademais da Illa, recibiron xa respostas negativa do Ministerio de Medio Ambiente O Grove, con doce núcleos Costeiros e Vilanova con cinco. Aínda agardan resposta Sanxenxo, con oito, e Poio.