Raquel Suárez ratificada como a candidata do BNG á alcadía boirense

    BOIRO> Suárez terá, sen dúbida unha difícil tarefa, a de substituír a Xosé Deira, un dos históricos da formación, que chegou mesmo a presidir o concello dende o 2003 ó 2011. A asemblea aberta do BNG de Boiro, celebrada esta pasada fin de semana, ratificou por unanimidade a Raquel Suárez como a candidata oficial desta formación á alcaldía. Por diante, varios serán os seus retos, un deles volver a acceder á alcaldía.. O outro, substituír a Xosé Deira, coas dificultades que isto supón, ó ser un dos históricos da formación a nivel local e comarcal. Trala súa ratificación como candidata pola asemblea aberta, Suárez traballa xa na elaboración da lista das persoas que a acompañarán na candidatura, na que se agarda unha certa renovación, na que incluirán persoas que non son militantes pero que veñen participando nas asembleas abertas. En canto ó programa electoral, raquel Suárez anunciou que estará centrado na creación de políticas de emprego e na mellora dos servizos sociais. Dende hai varios anos Suárez milita activamente na formación nacionalista, da que é a vicerresponsable local e comarcal, e forma parte da asamblea nacional.