A Martela acollerá mañá sábado a segunda edición da Romaría Popular

RIANXO> A iniciativa, organizada polos comerciantes desa zona da vila, en colaboración coa Asociación ‘Rock in Rian’  e o propio Concello, desenvolverase na zona dos xardíns, a partir das doce da mañá, e incluirá un xantar popular, inchables, mercado artesán e diversas actuacións musicais. O éxito da primeira edición fixo que os establecementos comerciais agrupados na zona comercial da Martela decidise este ano volver a organizar esta romaría. Será mañá sábado a partir das doce. No cartel incluirase un mercado artesán, actuacións musicais durante toda a xornada, inchables para os pequenos e un xantar popular, o que poderán sumarse todas aquelas persoas que o desexen levando a súa propia comida ou, se o prefiren, comendo no polbeiro que se instalará alí para a ocasión. Na organización desta iniciativa colaboran tamén a Asociación ‘Rock in Rian’ e o propio Concello, a través da concellería de Dinamización Económica, coa finalidade de promocionar tamén o comercio e a hostalería da zona. A organización, ó mediodía, sorteará tamén entre tódolos asistentes un xamón.