Boiro pon en marcha unha escola creativa para mozos

    BOIRO> O centro social de Boiro porá en marcha unha escola creativa, para fomentar as aptitudes creadoras da mocidade como valor engadido á hora de buscar emprego. Ademais das actividades de formación, crearase unha plataforma de difusión das iniciativas de mozos emprendedores. A posta en marcha desta escola creativa componse de varias actividades que pretenden fomentar a capacidade creadora dos mozos a través da formación e a innovación, como estratexias para favorecer o seu futuro laboral. Por unha banda desenvolveranse cursos no centro social con materias centradas especificamente na creatividade que se verán complementados coa formación nos propios centros de ensino. Paralelamente buscarase a posta en valor dos mozos creativos. A través da marca Autobombo habilitarase unha plataforma de difusión dos seus traballos, a través de exposicións, obradoiros e presentacións nos medios de comunicación. A primeira destas actividades terá lugar este sábado coa presentación da marca GRITA a cargo da deseñadora Rita Vicente. Os interesados en participar nalgunha destas iniciativas poden solicitar máis información no centro social de Boiro e realizar as inscricións a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/03/presentacionescolacreativaboiro0302115.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/03/presentacionescolacreativaboiro030215.mp4{/flowplayer}