O padronés Lois Rodríguez faise co III Trail de San Alberte

RIBEIRA> Preto de 300 atletas tomaron parte este pasado domingo na terceira edición da Trail de San Alberte, unha proba organizada pola Asociación Arousa Natureza e Ocio, en colaboración co propio concello ribeirense. A carreira estivo dominada de principio a fin por Lois Rodríguez, que cumpriu os pronósticos ó ser un dos principais favoritos a levarse a vitoria este ano. o padronés logrou completar os trece quilómetros e medio de percorrido, en algo menos dunha hora, concretamente en 57 minutos. Tódolos corredores destacaron a boa organización da carreira, así como a súa dureza, cun circuíto cheo de subidas e baixadas e un firme moi irregular. Dende a organización quixeron agradecer tamén a colaboración de diversas entidades que fixeron posible o bo desenvolvemento da proba como foron a asociación de Veciños de Carreira, a Escola de Boxeo El Canario e o Centro Recreativo de Artes, en cuxas instalacións de celebrou a entrega de premios ós gañadores. A deste pasado domingo foi a primeira das tres competicións das que conta este ano a Arousa-Revolutrion Trail Series. A seguinte será o Trail de Couso a celebrar o vindeiro mes de marzo.