Muros esperta interese como destino turístico durante todo o ano

    MUROS> Balance máis que positivo do paso de Muros por FITUR. O expositor do concello recibiu infinidade de visitas e arrancou o compromiso de varios turoperadores para a organización de visitas, non só no verán, senón durante todo o ano. A alcaldesa de Muros volveu de Fitur cun bo número de propostas baixo o brazo. O expositor municipal bateu récord de visitantes e espertou o interese de diversas empresas que ven en Muros un destino turístico con potencial ó longo de todo o ano. Ademais do compromiso empresarial, o concello iniciou os contactos a través da asociación Neria que agrupa ós concellos da Costa da Morte para volver a formar parte do itinerario da Volta Ciclista a España de cara ó vindeiro ano. A estes logros súmase a participación do concello no salón Naútico que se celebrará esta fin de semana en Madrid para promocionar Muros como destino para a práctica de deportes náuticos, especialmente o surf.