Dase á fuga despois de atropelar a un ciclista e deixalo ferido grave

    atropelotomada_100_250408.jpgPOBRA >  Un home de 73 anos foi detido a última hora do xoves por darse á fuga co seu vehículo, un citroen ZX, despois de atropelar a un ciclista.

    {flowplayer}barbanza/atropelotomada.flv{/flowplayer}

    O suceso tiña lugar na estrada AC-302, da Pobra do Caramiñal a Oleiros, á altura do parque empresarial da Tomada.

    Traslado en helicóptero

    O ciclista de 32 anos, que quedou inconsciente e sufriu un traumatismo craneoencefálico grave tivo que ser trasladado en helicóptero ó Hospital Clínico de Santiago.

    Segundo indicaron os propios veciños, o condutor despois de atropelar ó ciclista, douse á fuga. O feito foi observado por outros automobilistas que tamén circulaban polo lugar e que seguiron ó condutor ata interceptalo para que puidera ser detido posteriormente polos axentes da policía local e da garda Civil que se achegaron alertados ata a zona.

    Actitude agresiva

    Segundo indicaron fontes da propia Policía Local, desde un primeiro momento o home amosou unha actitude agresiva e fixo caso omiso das indicacións dos axentes que pretendían identificalo e levanta-lo correspondente informe sobre o acontecido no sinistro.

    Redacción Barbanza