‘Que pasa con Poio’ recolle as propostas dos veciños para o PP

POIO> O Partido Popular de Poio pon en marcha “Que pasa con Poio”, un proxecto pensado para recoller as ideas e as reclamacións dos veciños. Segundo explicaron esta mañá, a iniciativa nace para dar resposta á necesidade de transparencia e participación cidadá.

 

A partires de mañá, os veciños de Poio terán unha liña máis directa e aberta co Partido Popular do seu municipio.

Facebook, Twitter, email ou whatsapp. Calquera canle será boa para facer chegar as súas ideas aos populares. Unha vía para coñecer a opinión dos veciños e tela en conta á hora de elaborar o programa para as eleccións.

A enquisa estará aberta ata finais do mes de febreiro, e os resultados coñeceranse a principios de marzo. Iso si, o proxecto nace con vocación de continuidade, e dende o PP non descartan manter algo semellante se acadan a alcaldía.

Ademais das redes sociais e o teléfono móbil, o PP de Poio recorrerá a medios máis tradicionais para coñecer a opinión dos veciños. Por iso, antes de pechar os resultados farán varias enquisas a pé de rúa, pensando sobre todo nos veciños máis maiores do municipio.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/04/proxecto_pp_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/04/proxecto_pp_poio.mp4{/flowplayer}