Atopan un cranio humano nos antigos terreos de Tafisa

PONTEVEDRA> Unha veciña de Pontevedra localizou na pasada noite un cranio humano sobre a herba nos antigos terreos de Tafisa. Nunha primeira inspección da Policía Nacional e dos forenses descartouse que haxa máis restos óseos na zona. Agora este cranio está sendo analizado para conseguir identificalo canto antes. 

 

Unha veciña de pontevedra alertou na pasada noite á policia local do achado dun craneo sobre a herba nos antigos terreos de Tafisa. Minutos máis tarde o suceso xa o levaba a Policía Nacional, xulgado de garda e médicos forenses.   O cranio apareceu a uns metros  da beirrarúa nunha zona chea de maleza, non estaba nin soterrado, nin escondido polo que se baralla a posibilidade de que alguén o depositase nese punto nos últimos días. 

Tras recibir o aviso desta particular, na mañá deste venres forenses e axentes da Policía Científica da Policía Nacional desprazáronse ata o lugar para realizar unha inspección coa autorización do Xulgado de Garda. Coa colaboración de voluntarios de Protección Civil que rozaron a leira das herbas e malezas, revisaron uns 200 metros de terreo para tentar localizar máis restos humanos, pero non apareceu nada máis

Na actualidade, o Instituto Anatómico Forense de Pontevedra están  analizando o cranio localizado, de momento os forenses xa determinaron que se trata dun cranio humano, queda agora pendente coñecer a quen pertencía dito cranio.  

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/29/cranio_humano_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/29/cranio_humano.mp4{/flowplayer}