PONTEVEDRA> Os socialistas de Pontevedra despediron hoxe o ano cun vermú no que aproveitaron para facer balance de 2025. Iván Puentes destacou que o PSOE está a facer na cidade unha oposición construtiva, lonxe das formas do PP e centrada en transformar o seu apoio en proxectos que solucionen os problemas da veciñanza.
O líder dos socialistas pontevedreses lembra que eses acordos co goberno do BNG fóronse sucedendo dende o inicio do mandato, cifrando en máis de 11 millóns de euros de investimentos, condicionados -dixo- polo PSdeG.











