Poio porá en valor o seu patrimonio coa celebración da primeira volta a nado á Illa de Tambo

POIO> O concello de Poio celebrará a primeira volta a nado Illa de Tambo. A proba que partirá dende Combarro servirá para celebrar os 50 anos da declaración do casco antigo como patrimonio histórico. O concello busca promocionar o turismo e a economía a través do deporte.

Neste 2022 cúmprense 50 anos da declaración do conxunto histórico e artístico de Combarro. Para celebralo, e en plenos trámites para facerse coa xestión da illa de Tambo, o concello organizará a primeira volta a nado ao illote para poñer en valor o seu patrimonio.

A proba partirá dende a Praza da Chousa en Combarro e constará de dúas distancias de competición, unha de 4500 metros e outra de 6 mil.

A previsión é reunir a máis de 300 nadadores na proba. A competición dividirase por idades con diversos premios segundo a categoría.

O concello quere aproveitar a proba para realizar máis actividades que poñan en valor tanto Combarro como a illa de Tambo. A competición terá lugar o 21 de agosto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí