O ‘Atlante Wine Forum’ estrearase cun cartel de expertos internacionais

PONTEVEDRA> O Instituto Galego do Viño aposta pola provincia de Pontevedra. O vindeiro 23 de febreiro, Vigo acollerá a primeira edición do Atlante Wine Forum, unha cita pensada para os profesionais do sector do viño que reunirá na cidade a importantes persoeiros do sector. Charlas e masterclass intercalaranse nesta xornada que, aseguraron, terá transcendencia internacional.

O 23 de febreiro, os ollos profesionais do sector do viño mirarán cara Vigo. A cidade acolle a primeira edición do Atlante Wine Forum, unha cita organizada polo Instituto Galego do Viño.

O encontro entre profesionais e a formación serán os dous eixos desta xornada, que combinará charlas e masterclass de persoeiros de máximo nivel mundial. Entre eles, Marc Álvarez, do grupo BCN5.0, Dimistris Leivadas, do restaurante londinense The Fat Duck, Ferrán Centelles, de El Bulli, ou Fernando Gallardo, crítico de El País.

Na organización deste evento foi fundamental o interese de Turismo Rías Baixas e da Deputación de Pontevedra para traelo á provincia.

Segundo Cannas, o Atlante Wine Forum é unha oportunidade única, á que só poderán asistir 200 profesionais. As entradas xa están á venda.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/05/atlante_wine_forum.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/05/atlante_wine_forum.mp4{/flowplayer} 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí